
Facemos teatro como quen traballa a terra: con entrega, coas mans, coa memoria.
Flor a flor, raíz a raíz, facemos do teatro territorio.

En A Tríptica creamos escena como quen cultiva: con entrega, paciencia, investigación e memoria. Cada proxecto xorde do desexo de transformar, de abrir preguntas e de facer do teatro un espazo vivo de encontro.
Somos un equipo que entende a escena como un lugar de encontro, investigación e diálogo, onde a memoria e a creación se entrelazan para dar vida a propostas honestas e transformadoras.
O noso camiño
O teatro contemporáneo é un territorio fértil pero cheo de desafíos. Por iso construímos comunidade ao redor do noso traballo: porque o teatro non se sostén só enriba das táboas, senón tamén entre as persoas que o acompañan, o comparten e o coidan.
Traballamos sempre dende Galicia, apostando por equipos integrados por mulleres emerxentes do territorio, como forma de fortalecer o tecido cultural e dignificar o noso oficio.

Os nosos espectáculos nacen da investigación, da palabra e do corpo, na procura sempre dunha linguaxe viva que emocione e faga pensar.
Cada peza é unha invitación a entrar noutro territorio, a deixar que o teatro nos atravese e a descubrir novas formas de mirar o mundo e a nós mesmas.
Preme para saber máis
Os obradoiros de A Tríptica son espazos abertos á exploración, ao xogo e á aprendizaxe compartida. A través da práctica escénica, convidamos a persoas de diferentes idades e perfís a descubrir ferramentas creativas, desenvolver a súa expresividade e vivir o teatro como un lugar de descubrimento colectivo.
