Obradoiros

Con cada proxecto creamos un obradoiro de creación no que trabajar a temática da peza coa sociedade achegando de máis formas a arte á vida cotiá.

CORPO E TERRITORIO

Da nosa primeira produción, O que xermola no lume, nace CORPO E TERRITORIO, un obradoiro de iniciación ao movemento creativo centrado en aprender a crear a partir do que nos ofrece o noso entorno.

Durante tres horas, propoñemos unha experiencia de observación e experimentación onde o corpo responde á natureza, deixando que esta inspire e guíe a acción.

Exploraremos como a contorna pode converterse en motor creativo e como o corpo pode dialogar co espazo habitado dende a escoita, a presenza e a imaxinación.

Un espazo aberto a todas as persoas que queiran redescubrir a súa creatividade dende o contacto coa natureza, e comprender que tamén o corpo forma parte da paisaxe que habitamos.

Non temas en pedir máis información