A Tríptica está creando o seu primeiro proxecto que combina a estética das tres compoñentes da compañía fusionando deste xeito as mentes creadoras.
Como para coñecer a compañía temos que buscar nelas, que mellor que coñecer a traxectoria de cada unha con proxectos destacados nos que vemos un pouco cara onde nos encamiñamos.
Romeo e Xulieta, o espectáculo definitivo
Peza de teatro físico que aborda o síndrome do impostor e o amor romántico.
Interpretación e co-creación escénica de Gema González.

Xulieta sen brazos
Espectáculo cómico escrito por Diana Longa e con vestiario, iluminación, caracterización e escenografía de Noa Iriarte

7 segundos (In God We Trust)
Espectáculo de teatro político sobre o imperialismo e a guerra, coa iluminación e escenografía de Noa Iriarte e a adaptación dramatúrxica de Diana Longa.
