Xermolemos xuntas

O que xermola no lume tamén pode medrar fóra do escenario.

dentro dunha caixa de mistos, entregámosvos unhas sementes. Son pequenas, pero levan consigo unha idea: coidar, lembrar, resistir e deixar que algo novo medre.

Agora tócache a ti.

Planta as túas sementes, coida delas e acompaña o seu crecemento.

Aquí atoparás os pasos para facelo e algunhas recomendacións para que poidas velas xermolar.

Carballo

Unha landra pequena para unha árbore que pode acompañar xeracións.

1. Escolle unha landra fresca, que estea enteira e sen buratos.

2. Planta a landra nunha maceta fonda con terra lixeira, a uns 2–3 cm de profundidade.

3. Mantén a terra húmida, pero sen encharcala.

4. Colócaa no exterior, nun lugar protexido, para que siga o ritmo natural das estacións.

5. Agora toca esperar. Co tempo, a landra poderá converterse nun carballo.

Cando plantalo: o ideal é no outono, pouco despois de recoller as landras, evitando que se sequen. A xerminación pode producirse durante os meses seguintes, segundo as condicións ambientais.

Freixo

Unha semente que sabe esperar.

O freixo necesita tempo e frío para espertar. Se a túa semente tarda, non significa que non estea a medrar.

1. Planta a semente nun substrato lixeiro e húmido.
2. Déixaa nun lugar fresco durante o período necesario para romper a súa dormencia.
3. Cando chegue o momento, pásaa a un lugar luminoso.
4. Mantén a terra húmida, sen exceso de auga.
5. Agarda. Ás veces, xermolar tamén é unha cuestión de tempo.

Piñeiro do Pais

Unha semente pequena para unha árbore que pode chegar moi lonxe.

1. Pon a semente en auga durante unhas horas.
2. Planta nunha maceta con terra lixeira e húmida, a pouca profundidade.
3. Mantén a terra húmida, pero sen encharcala.
4. Colócaa nun lugar luminoso e protexido.
5. Agora toca esperar. 🌱

Cando plantalo: idealmente no outono ou a finais do inverno, dependendo das condicións.

Unha semente pode parecer pouca cousa.
Pero todo o que medra comeza sendo pequeno.

Xermolemos xuntas